Primal Scream en Santiago de Compostela

Multiple dates

Show previous dates

Praza da Quintana

Praza da Quintana, Santiago de Compostela

Purchase Link
Entradas PRIMAL SCREAM en Santiago de Compostela - Festas do Apóstolo 2013
Data: Mércores 31 de Xullo de 2013
Lugar: Plaza da Quintana, Santiago de Compostela
Prezo especial: 17 € (200 primeiras entradas)
Apertura de portas 20:00h / Artista invitado 20:45h / Primal Scream 21:45h
                                  
 
A historia de Primal Scream é unha historia de amor pola música e de transgresión de barreiras creativas que sitúa á banda nun status no que poucos outros grupos da súa xeración conseguiron acadar.
Cuns inicios marcados pola devoción cara os clásicos coma os Rolling Stones, que se reflexa no seu gusto pola profusión de imperecedeiros riffs de guitarra e os coros góspel, a banda tivo un punto de inflexión co lanzamento de “Screamadelica” en 1991, no que firmaron un dos discos referenciais dos anos 90 que segue a ter plena vixencia máis de 20 anos despois.
Os escoceses, orixes dos que sempre fan gala, desenvolveron a partir de ese punto unha carreira chea de risco e experimentación, na que sempre se moveron, e moi a gusto entre un poderoso rock de guitarras a electrónica e a facilidade para uns retrousos que están gravados en afeccionados dos cinco continentes.
Ademais de “Screamadelica”, a banda firmou outros traballos maiúsculos coma “Vanashing Point”, de 1997, no que se perciben devaneos coa dub music, “XTRMNTR”, de 2002, no que afondan na súa vertente electrónica, ou “Riot City Blues”, de 2006, no que o rock de corte clásico retoma o leme da banda.
Toda esta traxectoria culmina en “More Lights”, con colaboracións de Robert Plant (Led Zeppelin) e Kevin Shields (My Bloody Valantine) no que un tenso equilibrio entre as diferentes facetas do grupo apodérase das canción incluídas nel, e que a crítica internacional máis reputada, coma Pitchfork.com, Mojo, The Guardian ou a estatal coma Rockdelux, califica de novo éxito dunha banda que case 30 anos despois do seu primeiro traballo segue a ter unha voz propia na escena da música popular contemporánea.
 
                         

Media content

Related content

Share with friends