Estruming Days - Encontros Profesionais Para Activar Iniciativas Empresarias No Rural en Pontevedra

Multiple dates

Show previous dates

Misión Biologica de Galicia CSIC

Carretera de Vigo, Cabanas, Salcedo, Pontevedra

Purchase Link

Descrición
Coñeceremos seis empresas galegas diferenciadas polo seu carácter innovador ó basear o factor competitivo do seu negocio na investigación, o deseño e/ou a tecnoloxía. Os participantes, ademais de coñecer outras empresas de moi diversos sectores, debaterán e contrastarán nos paneis de traballo a aplicación de melloras competitivas á realidade dos seus propios negocios.
A quen vai dirixido
Estruming Days · Encontros profesionais para activar iniciativas empresariais no rural está dirixido a emprendedores con proxectos en incubación, empresas en activo, asociacións e fundacións que traballen no rural aproveitando os recursos locais e queiran ampliar a sua rede de contactos e analizar e mellorar o seu modelo de negocio
Obxectivos
1. Visibilizar e promover a creación de iniciativas empresariais innovadoras no rural galego
2. Facilitar o asesoramento, o intercambio de experiencias e de información estratéxica
3. Facilitar a creación de redes de contacto e colaboración entre profesionais de diferentes sectores
4.Contribuír a publicidade e difusión do seu traballo

Programa
Estruming Days Encontros Profesionais é unha actividade única que se celebrará en tres sesións:

Investigación - Aplicar o I+D como valor engadido ós recursos locais e naturais
Orballo Innovaciones Forestales, Gerardo Lagares
Bodegas Fermenta, Roberto Taboada
Venres 27 de setembro, 17h a 21h
Na Misión Biolóxica do CSIC, Salcedo, Pontevedra + Cea nas inmediacións
Deseño - Crear unha identidade propia e actual que seduza a un público global
Woodglass, Martín Rendo &, Arturo Gutiérrez
Shooter, Emilio Calviño
Venres 25 de outubro, 17h a 21h
Pendente de confirmar espacio Pontevedra + Cea nas inmediacións
Tecnoloxía - Novos mercados alén das fronteiras e novos modelos de distribución e produción
LaconNetwork e Confirmsign Frankie Gomez
Sablorplace, Fátima Andrade e Arantxa Fernández
Venres 29 de novembro, 17h a 21h
Pendente de confirmar espacio Pontevedra + Cea nas inmediacións

Metodoloxía

A estrutura xeral das sesións será: exposición dos poñentes convidados, distribución dos participantes por paneis temáticos, técnicas creativas de traballo en grupo e presentación de conclusións.
Cea networking. Pecharase un menú en cada restaurante por un importe de 18€ ou inferior a pagar alí mesmo cada interesado/a.
 
Matricula
As persoas interesadas en participar no Estruming Days Encontros Profesionais teñen que solicitar a inscrición online ata o 12 de setembro. Unha vez finalizado o prazo, comunicaremos persoalmente se foron admitidos ou non. Prazas limitadas. Máximo 30 prazas.
A formalización da matrícula realizarase abonando 25€. Este prezo inclúe os materiais de traballo, o servizo de asesoramento do noso equipo e a inclusión da empresa participante na publicidade e social media dos encontros.

Info
http://www.estruming.com
info@estruming.com
986 86 45 98 - 657 62 42 39
 

Media content

Related content

Share with friends