Concerto de MFC Chicken en Ourense

Multiple dates

Show previous dates

Café Cultural Auriense

Praça do Corregedor 11, Ourense

Rock Club & Bad Seed presentan en concerto...
dende Londres," Sax-Fueled Rock´n´Roll " con...
MFC CHICKEN

Xoves 10 Novembro / 21:30 h.
CAFE CULTURAL AURIENSE
adiantada 12 € / billeteira 15 €
a venda en AURIENSE * ROCK CLUB

Despois do concerto..."Chicken Party" no ROCK CLUB (Hernán Cortés,24 ) con Spencer Evoy (MFC CHICKEN) y Rev. Labratore
picando discos de rock´n´roll muito fudido !!

MFC CHICKEN:
Xa pasaron anos dende que  Spencer Evoy chegara a Londres e xuntara a un grupo de  famentos músicos nun bar de pollo frito de Holloway Road para levar a cabo unha sagrada misión:  traer os sons do rock´n´roll do Pacific Northest ao púbrico británico.
Neste tempo publicaron varios LPs e singles, e fixeron bailar a xente por toda Europa. Estes fans das galiñas  creáronse un nome e convertéronse nun dos grupos cun show mais excitante do garaxe-rock´n ´roll de UK, deixando ca boca aberta os espectadores europeos co seu estilo, que chegou a ser definido como "A música que os Sonics escoitaban ".
O seu primeiro disco, Music for Chicken foi toda unha sorpresa para calquera amante do R&R mais bailable.Co segundo, Solid Gravy! consolidaron e melloraron o seu son e as súas cancións, confirmando co terceiro que non só eran un grupo cun directo impresionante, xa que tamén en disco montan boas festas.
En outono publican o seu cuarto album, no que presentan unha nova formación, aumentada con guitarra barítona, teclado e outro saxo, pero neste caso barítono, MFC CHICKEN DELUXE, ofrecendo unha nova receita, sen variar o seu sabor a polo xa coñecido.
O podras poñer en calquera festa, e podes estar seguro de que todos os teus invitados pronto se volveran tolos co seu excitante son, algo asi como o que reza o título do seu novo disco, "GOIN' CHICKEN CRAZY"
Algúns dos concertos desta xira,como o de Ourense, serán moi especiais porque a banda virá coa formación especial MFC CHICKEN DELUXE !!

Media content

Related content

Share with friends