Concerto INDOMABLE + POLO HORSE

Multiple dates

Show previous dates

Café Cultural Auriense

Praça do Corregedor 11, Ourense

Bad Seed & Rock Club presentan en concerto:
INDOMABLE ( folk indie pop,Ourense )
+ POLO HORSE ( country hillbilly,Ourense )
Xoves 29 Setembro / 21:30 horas
Café Cultural Auriense
entrada única: 5 eurocks
A venda en: Cafe Cultural Auriense - Rock Club

INDOMABLE é Arturo Rodríguez , músico curtido en mil loitas, viaxeiro incansable e a metade de "El Cuerpo del Ritmo" exitoso duo de pop electrónico.
Actualmente está inmerso na xira de presentación do seu disco en solitario,"Incondicional e imperfecto" ,que defende en directo en plan "one man band" ( voz + guitarra+ bombo +armónica )
El chámao propiamente "As cancións do sofá"
porque as cancións veñen justamente de aí e forman parte dun traballo que se veu formando en viaxes,guitarras vellas,empeños e noites solitarias...
Unha ensalada aliñada con dose de folk, indie e pop rock en castelán.

http://indomable.bandcamp.com/releases

 

POLO HORSE  é o pequeno "alter ego" de Luís Chao, músico Ourensano que a principios dos 90´s militaba nunha das bandas máis xenuinas e salvaxes de Punk ´n´ Roll que saíron de Galicia naqueles anos: Los Morta.
Anos de moitísimo movemento músical en Galicia e grupos con moitísimo talento: Los Eskizos, Los Contentos, Kocmic Muffin, Flanelon Crash, Foggy Mental Breakdown, Cosecha Roja...
Case 25 anos máis tarde, Luís volveuse menos Punk, e máis Cash... que vén ser o mesmo, ou ata máis... para entendernos. Agora , Polo Horse cólgase a Fender acústica mais a sua armónica ao pescozo e defende un repertorio de covers caralludos e difíciles de levar ao seu terreo, clásicos de Barry Mc Guire, Don Gibson, Sam Cooke ,Feathers, Cash....mesturados con temas propios onde a influencia Reed/ Velvet é máis que notable.
Como bo DIY que se precia pola súa militancia, ven de editar unha cassette con oito temas propios, gravados coa axuda do seu bo colega Cucha, todo moi de andar por casa pero con moitisimos matices distintos , clase e sapiencia músical, algo que non deixa de sorprender a cada nova escoita que lle pegas...

https://polohorse.bandcamp.com/

 

Media content

Related content

Share with friends