Roy Ellis Aka Mr Symarip en Vigo

Multiple dates

Show previous dates

Sala La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, Vigo

Primera edición da festa LIFE ON REGGAE PLANET.
Que mellor comezo que contar con esta lenda da música xamaicana.. ROY ELLIS aka MR. SYMARIP!
 
Roy Ellis, tamén coñecido como Mr. Symarip, vendeu máis de 7.000.000 de copias do seu clásico “Skinhead Moonstomp” dende 1969 ata o día de hoxe no selo Trojan Records, un álbum que nunca se descatalogou. The Boss is Back, o seu último disco, preséntanos doce novas cancións cheas de ritmos reggae, rocksteady, soul e ska. Trátase do artista xamaicano clásico que máis actúa en directo hoxe en día, dende que volveu aos escenarios hai uns anos, editando o seu anterior álbum (2007) en tres continentes diferentes e actuando por todo o mundo, incluíndo paises como Xapón, México, USA, Colombia e por suposto por todos os cantos de Europa.
 
Estará moi ben acompañado pola banda galega Transilvanians, cos que gravou o seu último single e leva xirando por toda España e países como Francia ou Alemaña estes últimos anos.
 
Entradas anticipadas en:
- Bar Princesa (Praza da Constitución 5)
- Honky Tonk Discos (Rúa Falperra 18)
- Discos Elepé (Rúa do Doutor Cadaval 35)
 

Media content

Share with friends