Next Events

Oops

We couldn't find any events

About Sanmamed Trío
Comenza a funcionar no 2015, iste trío presenta un repertorio integrado por unha maiorìa de composicións propias coma dunha revisitación de obras de compositores coma o exipcio Ibrahim Al Aryan ( Samai Bayati) ou Ariel Ramirez (Alfonsina y el mar )

Este trío esta integrado polo pianísta Iago Mouriño e o batería Bruno Couceiro que temos tocado no Ciclo 1906, ademáis de diversos locais. En outubro deste ano publicarán un disco con este proxecto, gravado e misturado por Ramón Campos.

Con iste trio tocamos nos seguintes festivais:

Imaxinasons 2016 ( http://www.imaxinasons.com/ ) no Burgojazz 2016, II Festival de Jazz de San Xoán ou no Ciclo 1906 A Coruña

Pablo Pérez Sanmamed (contrabaixo)

Contrabaixista e compositor de fonda formación e ampla traxectoria profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral.

Ten gravados 67 discos e/ou DvD que inclúen gravacións con Germán Coppini, Tsukiko Amawaka, Mark Sanders, Fred Frith, Banda Crebinsky, 3 azoteas, Carlos Martín, Fía na Roca, Triatone, Paraphernalia, SPJ, ou OMEGA entre outros.

Participou en numerosos festivais,coma o WOMAD na edición de Tenerife e Santiago, Festival Internacional de Jazz de Getxo, Jazzaldia de Donostia-San Sebastián, o SONAR, Festival de L´Orient, Intercéltico de Glasgow, ou o Festival Internacional de Panamá entre outros.

Obtivo varios galardóns de composición como:

1º Premio á mellor música orixinal pola B.S.O. de “Crebinsky” no 16º Festival du Film Espagnol en Toulouse no 2011(Francia).

1º Premio á mellor música orixinal pola B.S.O. de “Crebinsky” no Festival Internacional de Cine de Oaxaca no 2011 (México),

1ºPremio World Music otorgado por Músicos ao Vivo no 2013 e no 2016.

1ºPremio ao mellor grupo europeo de voz feminina ( arranxista ) polo disco “Segredo a voces” de Anubía no Festival Internacional de Asti (Italia).

Foi finalista aos Premios Mestre Mateo e ao 4º Premio de la Música Independiente.

Iago Mouriño (piano)

Pianista e compositor de formación clásica e moderna. Iniciou os seus estudos de jazz con Javier Constenla, Carlos Castro, Carlos Calviño, Roberto Somoza e Marcelino Galán, entre outros.

Asistiu a master classes con Victor Wooten, Andy Philips ou Celia Mur.

Forma parte de proxectos de música clásica didáctica e cine mudo con música en directo (Cuarteto Ancestral), de jazz ou fusión (1045, Miguel Lamas Ensemble, Hot Chocolates, Pablo Sanmamed Trío, Corema, 3 azoteas, Batmacumba, Cold Sweat, Jose Somoza Big Band, Pepe Bao), de grupos de pop rock (Jane Joyd, Brothers in Band, Slam The Doors), así como pianista acompañante

tanto en xénero lírico, moderno e tradicional (Cesareo Torres, Carmen Rey, Begoña Lorenzo, Xoán Eiriz )

Bruno Couceiro ( batería)

Comeza a estudar música aos 17 anos na EMMC (escola municipal de música de A Coruña) onde se forma durante 8 años, principalmente no ámbito da bateria/percusión con Miguel Cabana e linguaxe musical e harmonía con Lalo Carnota e J.A.Acuña.

Asiste a diversos seminarios de Jazz, como o impartido por Jeff Jerolamon e de seminarios de música brasileira con Joâo Bosco, compaxinando tamén diferentes masterclass como as realizadas por Greg Bissonette, Ángel Rey ou Yoel Páez .

No 2012 gaña o concurso nacional de bandas de jazz e fusión organizado pola Fnac e a fundación Paideia coa formación Alfredo Garcia Quartet . Gravou nos discos Time fo Heroes (Scandal), On the Windowsill e Western Tree ( Cardigan Bridge), Aid Head (Aid Head), Las gafas de Flotto (Nacho Varela), Beluga… se desnuda (Fer Beluga), Reading into a new path (Alfredo García) e Desconhecido ( Xiao Berlai). Actualmente é endorser de Murat Diril (Turkish Cymbals) e Santafe Drums (Custom Drums).