Next Events

Oops

We couldn't find any events

About Batuko Tabanka
Doce mulleres de Cabo Verde, afincadas en Burela, baten con furia e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas: o batuko.


O trebón percusivo medra e reflúe periodicamente, acompañando cánticos entre os que se colan risos e desafíos. De cando en vez, no medio dunha canción, unha delas sae ao centro da escena, mostrando toda a forza do movemento africano, salseando diversidade cultural desde o medio do atlántico. O bruído rebelde de Batuko Tabanka dura tempo suficiente para poñer a "pel de galiña" a quen escoite estas batukadas, coladeiras, mornas... mesturadas co salseiro cantábrico que aporta Galiza.